Buscar en este blog

venres, 25 de abril de 2025

Semana do Libro

Chegou a ansiada data que tanto nos gusta celebrar na nosa biblioteca: O Día do Libro!

Libros escondidos envoltos en papel con pistas que nos guiaban na nosa elección para levalos prestados á casa e alí descubir que aventura lectora tocaríanos vivir.

Tamén un taller de decoración de marcapáxinas con elementos naturais. 

Unha semana na que gozamos do espazo, dos recursos que nos ofrece e das actividades propostas. 
















xoves, 24 de abril de 2025

Entrevista de radio á escritora Sabela Fernández Trelles.




Hoxe visitou o noso centro a escritora Sabela Fernández Trelles, autora dos libros que leron os alumnos e alumnas de primero e segundo de Ed. Primaria.

Desde a biblioteca aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista na nosa radio e este foi o resultado:


Lecturas de medo 👻

 A semana de Samaín na nosa biblio estivo chea de historias terroríficas na escuridade, lecturas á luz das lanternas e relatos coas sombras ...