Buscar en este blog

venres, 22 de abril de 2022

Le con todas as túas ganas. Feliz día do libro!

 Neste lugar máxico onde residen os libros do cole, non podiamos deixar de festexar este día. 

Crucigrama XL, mural dos nosos libros favoritos, marcapáxinas da biblio coa nosa mascota... son algunas das actividades que realizamos. 

Pasámolo xenial!















xoves, 10 de marzo de 2022

Sorpresa! Era Pinga!

O noso proxecto segredo coa lámpada de papel era nin máis nin menos que Pinga, a nosa mascota! 🙂 
Fíxoa 6° de primaria e quedoulles moi feitiña! Bo traballo pequen@s! 💦 











martes, 8 de marzo de 2022

8 de Marzo: Día da Muller

Hoxe adicamos os tempos de biblio a facerlle un oco no noso espazo a un bonito mural sobre a biografía de grandes mulleres da historia. Neste caso traballámolo en inglés. 💜🧕🤱👩‍🚀👩‍🔬👩‍⚕️🕵‍♀️👮‍♀️💜




mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía

Conmemoramos este importante día para Galicia cun precioso mural da nosa Rosalía. Desfrutamos moito destes anaquiños de tempo compartido e do traballo colaborativo. 
Feliz día de Rosalía!





 


luns, 7 de febreiro de 2022

Algo se está cocendo na biblio do Ludy... adiviñades o que será?


 Queremos recrear a alguén que é moi fan desta biblio e que lle encanta ler, as súas historias favoritas son as que teñen que ver co mar, os ríos, as lagoas... quen será , quen será?

Compa N°50

Cun saúda especial para quen ata hai pouco facía os seus saúdas. Unha revista de ouro, 50 anos de Compa grazas a un mestre dourado. D. José ...