Buscar en este blog
domingo, 23 de febreiro de 2025
Día de Rosalía
xoves, 31 de outubro de 2024
Samaín 🎃
Sombras, bruxas, monstros, relatos de medo coa luz apagada... encántanos este momento do curso na biblioteca do cole.
Feliz noite de Samaín! 👻sábado, 26 de outubro de 2024
Día das Bibliotecas
Como cada ano, estreamos o curso conmemorando o 24 de outubro, Día das Bibliotecas.
Creamos un rincón nos patios e fixemos viaxar algúns exemplares da nosa biblio para gozar da lectura no tempo de descanso.
Ler é viaxar sen moverse do lugar.
xoves, 27 de xuño de 2024
Revista Compa N°48
Rematamos o curso coa publicación da nosa revista Compa. Non vola podedes perder!
Preme no seguinte enlace:
sábado, 27 de abril de 2024
Semana do libro 2024
Actividades especiais polo Día do Libro na biblio! Información de diferentes libros mesturada, con pistas que nos axudan a colocala no seu exemplar e un buzón para suxerir un libro que nos gustaría ter na biblioteca.
Diversión, aprendizaxe e nenos e nenas felices!
venres, 23 de febreiro de 2024
Día de Rosalía. Na procura do tesouro.
Para conmemorar o día de Rosalía, organizamos na biblioteca unha busca do tesouro. Como fío conductor, un dos seus poemas e, deixando voar a nosa imaxinación con lanternas máxicas, xerogríficos e códigos segredos... chegamos ao tesouro!
11 F. Mulleres na ciencia. E ti, de quen vés sendo?
Compa N°50
Cun saúda especial para quen ata hai pouco facía os seus saúdas. Unha revista de ouro, 50 anos de Compa grazas a un mestre dourado. D. José ...
-
Os nosos fíos da vida e obra de Begoña Caamaño. Unímonos con fíos de la a través do descubrimiento da súa vida. Na parada número 10 desta vi...
-
Un ano máis a nosa Compa aparece para pechar o curso. Non vola podedes perder! Botade un ollo a esta creación conxunta de toda a comunidad...
-
Cantareiras, pandeiretas e cantigas chearon a nosa biblioteca durante toda esta semana para conmemorar o día da nosa lingua.

























