Buscar en este blog

xoves, 24 de abril de 2025

Entrevista de radio á escritora Sabela Fernández Trelles.




Hoxe visitou o noso centro a escritora Sabela Fernández Trelles, autora dos libros que leron os alumnos e alumnas de primero e segundo de Ed. Primaria.

Desde a biblioteca aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista na nosa radio e este foi o resultado:


luns, 24 de marzo de 2025

Día da Poesía

 

 

Cantigas de amigo de Martín Códax, susurradores de versos e poemas favoritos para conmemorar o Día da Poesía na nosa biblioteca.
 

venres, 14 de marzo de 2025

8M

Esta semana na biblioteca traballamos co quebracabezas magnético que creamos coa nosa cortadora láser especialmente para conmemorar o día da muller.

Descubrimos un montón sobre a vida de mulleres galegas como María Pita, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova, Concepción Arenal ou Ángela Ruiz Robles. 

Este foi o resultado!


 




domingo, 23 de febreiro de 2025

Día de Rosalía

Hoxe 23 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro e esta semana na biblioteca dedicámoslla a ela. 
Coñecemos un pouco máis sobre a súa vida e as súas obras e respondemos preguntas co noso dado XL, situamos no mapa os lugares máis representativos para a escritora e desciframos mensaxes secretas. 

Moitas cousiñas aprendidas da forma máis divertida! 

Feliz Día de Rosalía!












xoves, 31 de outubro de 2024

Samaín 🎃

 Sombras, bruxas, monstros, relatos de medo coa luz apagada... encántanos este momento do curso na biblioteca do cole.

Feliz noite de Samaín! 👻








sábado, 26 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas

Como cada ano, estreamos o curso conmemorando o 24 de outubro, Día das Bibliotecas. 

Creamos un rincón nos patios e fixemos viaxar algúns exemplares da nosa biblio para gozar da lectura no tempo de descanso. 

Ler é viaxar sen moverse do lugar. 


9









xoves, 27 de xuño de 2024

Compa N°50

Cun saúda especial para quen ata hai pouco facía os seus saúdas. Unha revista de ouro, 50 anos de Compa grazas a un mestre dourado. D. José ...