Unha semana para compartir anacos de lectura na nosa biblio e recibir con ilusión as visitas das familias e dos irmáns e irmás do cole que nos contan un conto.
A maxia dos libros e de compartilos coas personas que queremos.
📖
Unha semana para compartir anacos de lectura na nosa biblio e recibir con ilusión as visitas das familias e dos irmáns e irmás do cole que nos contan un conto.
A maxia dos libros e de compartilos coas personas que queremos.
📖
Durante estos meses de marzo e abril levamos a cabo un club de lectura para 5° e 6° de Educación. Primaria e limos "La muy catastrófica visita al zoo". Participamos alumnado e mestres e pasámolo xenial con esta lectura tan divertida que nos enganchou a todos e todas pero, sobre todo, das dúas xuntanzas nos que gozamos dunha comida xuntos e actividades como a predición do desenlace do libro buscando o culpable da inundación, imaxinamos os personaxes e lle pedimos á IA que nos creara o noso favorito coas nosas indicación e a axuda dos mestres, deseñamos unha nova portada para o libro e xogamos a adiviñar o personaxe agochado na tarxeta que tiñamos na fronte.
Sensacións moi positivas e moitas ganas de repetir cunha nova lectura!
Esta semana pasada, aproveitando a celebración da Semana da Prensa, na biblio traballamos pautas para diferenciar unha nova falsa dunha real e xogamos a clasificar algúns exemplos para poñer en prática o aprendido.
Tamén creamos novos titulares inventados con recortes doutros titulares da prensa.
Exposición de fondos e xogo de mesa sobre mulleres do mundo que destacaron en diferentes campos e oficios.
Pasámolo xenial aprendendo! De corazón morado a corazón morado e lanzo de novo o dado!
Para conmemorar o Día de Rosalía fixemos unha selección de exemplares e creamos chapas coa súa imaxe na nosa biblio.
Xa temos a revista Ludicol número 23 lista para gozar dos traballiños do primeiro trimestre!
Cun saúda especial para quen ata hai pouco facía os seus saúdas. Unha revista de ouro, 50 anos de Compa grazas a un mestre dourado. D. José ...