Buscar en este blog

xoves, 10 de marzo de 2022

Sorpresa! Era Pinga!

O noso proxecto segredo coa lámpada de papel era nin máis nin menos que Pinga, a nosa mascota! 🙂 
Fíxoa 6° de primaria e quedoulles moi feitiña! Bo traballo pequen@s! 💦 











martes, 8 de marzo de 2022

8 de Marzo: Día da Muller

Hoxe adicamos os tempos de biblio a facerlle un oco no noso espazo a un bonito mural sobre a biografía de grandes mulleres da historia. Neste caso traballámolo en inglés. 💜🧕🤱👩‍🚀👩‍🔬👩‍⚕️🕵‍♀️👮‍♀️💜




mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía

Conmemoramos este importante día para Galicia cun precioso mural da nosa Rosalía. Desfrutamos moito destes anaquiños de tempo compartido e do traballo colaborativo. 
Feliz día de Rosalía!





 


luns, 7 de febreiro de 2022

Algo se está cocendo na biblio do Ludy... adiviñades o que será?


 Queremos recrear a alguén que é moi fan desta biblio e que lle encanta ler, as súas historias favoritas son as que teñen que ver co mar, os ríos, as lagoas... quen será , quen será?

domingo, 30 de xaneiro de 2022

Día da Non Violencia e a Paz


Esta semana adicamos os tempos de lecer na biblioteca para indagar sobre a vida de Rigoberta Menchú. Fixemos un mural coa información e coas frases súas que más interesantes e bonitas nos pareceron. 

Feliz día da Paz!

Compa N°50

Cun saúda especial para quen ata hai pouco facía os seus saúdas. Unha revista de ouro, 50 anos de Compa grazas a un mestre dourado. D. José ...