Para conmemorar o día de Rosalía, organizamos na biblioteca unha busca do tesouro. Como fío conductor, un dos seus poemas e, deixando voar a nosa imaxinación con lanternas máxicas, xerogríficos e códigos segredos... chegamos ao tesouro!
Buscar en este blog
venres, 23 de febreiro de 2024
11 F. Mulleres na ciencia. E ti, de quen vés sendo?
Da man do proxecto de Polos Creativos deseñamos o noso xogo relacionado coas mulleres na ciencia. Todo un éxito na nosa biblioteca!
venres, 22 de decembro de 2023
Contacontos de Nadal
Para rematar o trimestre e celebrar un momento tan especial do ano, visitaron a nosa biblioteca dous elfos moi especiais...elfos escritores! Léronos algún dos relatos curtos de Nadal do seu libro e, para os máis maiores, falaron da súa traxectoria como escritores. Fixémoslles unha morea de preguntas sobre a súa profesión e falamos de diferentes autores e xéneros.
Bo Nadal a tod@s!
martes, 24 de outubro de 2023
Día das bibliotecas/Samaín.
Aproveitando que, esta semana previa ao Samaín, conmemórase o 24 de Outubro, Día das Bibliotecas, preparamos a biblio para acoller lendas, historias, contos, sombras... medo, moito medo! Ata unha casiña da bruxa!
Os/as alumn@s trouxeron contos arrepiantes da casa e compartímolos nos tempos de lecer.
Terroríficamente divertido!
venres, 22 de setembro de 2023
domingo, 23 de abril de 2023
Día do libro. Lectura compartida.
Para conmemorar este día tan especial, na nosa biblio organizamos unha lectura compartida. Cada curso compartiu un conto cun/ cunha alumno/a dun curso inferior. O resultado foi xenial. Nas súas cariñas víase ilusión e pasaron un ratiño estupendo, favorecendo o gusto pola lectura e desenvolvendo vínculos afectivos.
Grazas a tod@s polas vosas ganas e a vosa participación.
Feliz día do libro!
luns, 30 de xaneiro de 2023
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Compa N°50
Cun saúda especial para quen ata hai pouco facía os seus saúdas. Unha revista de ouro, 50 anos de Compa grazas a un mestre dourado. D. José ...
-
A semana de Samaín na nosa biblio estivo chea de historias terroríficas na escuridade, lecturas á luz das lanternas e relatos coas sombras ...
-
Os nosos fíos da vida e obra de Begoña Caamaño. Unímonos con fíos de la a través do descubrimiento da súa vida. Na parada número 10 desta vi...
-
Esta semana pasada, aproveitando a celebración da Semana da Prensa, na biblio traballamos pautas para diferenciar unha nova falsa dunha real...




























