Buscar en este blog

domingo, 23 de febreiro de 2025

Día de Rosalía

Hoxe 23 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro e esta semana na biblioteca dedicámoslla a ela. 
Coñecemos un pouco máis sobre a súa vida e as súas obras e respondemos preguntas co noso dado XL, situamos no mapa os lugares máis representativos para a escritora e desciframos mensaxes secretas. 

Moitas cousiñas aprendidas da forma máis divertida! 

Feliz Día de Rosalía!












xoves, 31 de outubro de 2024

Samaín 🎃

 Sombras, bruxas, monstros, relatos de medo coa luz apagada... encántanos este momento do curso na biblioteca do cole.

Feliz noite de Samaín! 👻








sábado, 26 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas

Como cada ano, estreamos o curso conmemorando o 24 de outubro, Día das Bibliotecas. 

Creamos un rincón nos patios e fixemos viaxar algúns exemplares da nosa biblio para gozar da lectura no tempo de descanso. 

Ler é viaxar sen moverse do lugar. 


9









xoves, 27 de xuño de 2024

sábado, 27 de abril de 2024

Semana do libro 2024

 Actividades especiais polo Día do Libro na biblio! Información de diferentes libros mesturada, con pistas que nos axudan a colocala no seu exemplar e un buzón para suxerir un libro que nos gustaría ter na biblioteca. 

Diversión, aprendizaxe e nenos e nenas felices!





venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía. Na procura do tesouro.

 Para conmemorar o día de Rosalía, organizamos na biblioteca unha busca do tesouro. Como fío conductor, un dos seus poemas e, deixando voar a nosa imaxinación con lanternas máxicas, xerogríficos e códigos segredos... chegamos ao tesouro! 


11 F. Mulleres na ciencia. E ti, de quen vés sendo?

Da man do proxecto de Polos Creativos deseñamos o noso xogo relacionado coas mulleres na ciencia. Todo un éxito na nosa biblioteca! 





Compa N°50

Cun saúda especial para quen ata hai pouco facía os seus saúdas. Unha revista de ouro, 50 anos de Compa grazas a un mestre dourado. D. José ...