A semana pasada apareceu na nosa biblio unha fermosa árbore. Nas aulas, unha mensaxe para o alumnado. Era unha carta do Merlo!! Invitaba a todos os rapaces e rapazas do cole a visitar a biblioteca e descubrir o seu niño cheo de sorpresas.
E así transcorreron os días, cun montón de visitas á árbore, que permitía o paso co carnet de Merlo Lector. Historias de merliños e actividades relacionadas.
Alumnado emocionado e un montón de libros que viaxan ás casas estas semanas.
Pero non rematan aquí as sorpresas… estade moi atentos nos vindeiros días!!!










Ningún comentario:
Publicar un comentario